Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Baudilio Tomé clausura o I Seminario internacional sobre transparencia administrativa

    Xornadas / Xoves, 20 de Marzo de 2014.

    Baudilio Tomé Muguruza, membro do Tribunal de Contas Europeo, pronunciou na Escola Galega de Administración Pública un relatorio sobre o control dos fondos públicos na UE como clausura do I Seminario sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da Unión Europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


    Durante a súa intervención, no que o acompañou Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP, destacou a labor levada a cabo no control financeiro por parte do Tribunal de Contas Europeo, tanto a través da realización de auditorías como da publicación de informes específicos sobre as materias nas que é competente. Ademais, fixo fincapé no desexo da Unión Europea de que progresivamente sexan os Estados membros os que asuman un maior control sobre o seu gasto a través dunha integración dos diferentes sistemas, facendo posible que a Comisión confíe na fiabilidade dese control interno.

    Análise e reflexión

    Durante dous días numerosos expertos no eido da transparencia e da contratación administrativa debateron sobre a protección dos intereses financeiros da Unión Europeo e difundiron as boas prácticas sobre a xestión e control de fondos comunitarios, dando a coñecer as novas medidas que vai poñer en marcha a Xunta de Galicia.

    Entre os temas tratados atópanse o marco lexislativo das axudas de Estado ante a crise económica, a reforma da normativa europea sobre contratación administrativa e transparencia, o control da xestión de fondos europeos, a cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a cooperación territorial, as debilidades do sistema financeiro público portugués ou as novas medidas para a transparencia e eficiencia na contratación por parte do sector público galego.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 243 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212