Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP converterase nun foro de debate sobre a reforma da Administración local

    A Escola / Xoves, 3 de Abril de 2014.

    Dentro do seu Plan de actividades, A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coa Dirección Xeral de Administración Local, un curso monográfico titulado A reforma local a debate.


    Durante dous días analizaranse o contido e as principais novidades incorporadas pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local. Así, o curso monográfico convocado pretende dar a coñecer os posibles efectos e incidencias que cómpre esperar da aprobación da norma estatal sobre o funcionamento dos entes locais galegos e o seu goberno.

    Esta actividade vai destinada, principalmente, ao persoal ao servizo da Administración galega e dos entes instrumentais da comunidade autónoma, cargos públicos e directivos á fronte destes, profesionais, universitarios, aínda que está aberto a calquera persoa interesada en coñecer o novo réxime xurídico da planta municipal e os retos aos que se enfronta.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Datas e horario: 24 e 25 de abril, mañá e tarde.
    Duración: 15 horas lectivas.
    Solicitudes: as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través de https://egap.xunta.gal/matricula/ desde as 08.00 horas do 4 de abril ata as 00.00 horas do 22 de abril
    Máis información: en PU14008 ou nos teléfonos 981 546 241 e 981 546 239
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 253 de 1206
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212