Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais

    A Escola / Luns, 7 de Abril de 2014.

    A EGAP publica no DOG de 4 de abril unha resolución que aproba as bases reguladoras e, ademais, efectúa a convocatoria da concesión de subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (AFEDAP).


    As entidades locais poderán promover plans de formación unitarios ou plans de formación agrupados, circunscritos ao territorio autonómico. As asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto no artigo 120 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xuño, reguladora da Administración local de Galicia, poderán presentar plans de formación interadministrativos ou agrupados, tanto individualmente por iniciativa propia ou mediante as adhesións dos concellos e deputacións provinciais que o desexen.

    Poderán ser beneficiarios das subvencións os concellos, deputacións provinciais e demais entidades locais, que promovan plans de formación para os empregados públicos, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas. Tamén poderán ter o carácter de beneficiarias as asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia , que promovan plans interadministrativos ou agrupados para a formación dos empregados públicos das entidades locais.

    Prazo de presentación de solicitudes: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    Enderezo web: https://fedap-galicia.inap.es/
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 254 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212