Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP pon en marcha o seu primeiro curso a través de videoconferencia

    A Escola / Luns, 7 de Abril de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o IV Curso superior de Administración electrónica. As súas conferencias poderán seguirse desde as xefaturas territoriais de Ourense e de Vigo.


    Este curso pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que os destinatarios adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito completando a súa formación no Dereito da Informática.

    Destinatarios: o 60% das prazas (30) teñen como destinatarios os empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica coma local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico que se encadren nalgunha das seguintes categorías: grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario, grupos I e II do persoal laboral, ao grupo C (subgrupo C1), do persoal funcionario ou grupo III do persoal laboral, e persoal eventual que acredite a súa condición co correspondente nomeamento específico. Poderán optar ao outro 40 % das prazas (20) os profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
    Matrícula: entre 500 e 350 euros
    Horas: 114
    Modalidade: mixta (conferencias+prácticas presenciais+teleformación)
    Datas: do 5 de maio ao 18 de xullo
    Lugar das clases prácticas: EGAP, Santiago de Compostela
    Lugar das conferencias: Santiago de Compostela, Vigo e Ourense
    Máis información: PU14009
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 255 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212