Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP promove o debate sobre o impacto da reforma da Administración local galega

    Xornadas / Xoves, 24 de Abril de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública inicia un curso dirixido a abordar o contido esencial da Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local e a achegar luz sobre aquelas cuestións que necesiten de certa precisión. Ademais, dará a coñecer as solucións articuladas na Lei de medidas urxentes, á cal a Xunta de Galicia deu luz verde no Consello da Xunta o pasado 20 de marzo.


    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inauguraron esta mañá o curso monográfico titulado A reforma local a debate. Durante o acto, a directora da EGAP destacou a importancia que terán estas xornadas as cales servirán para aclarar aquelas cuestións relacionadas coa Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local que precisan dunha certa revisión. Así, analizarase polo miúdo a distribución competencial na xestión de determinados servizos, o papel de coordinación que a normativa estatal atribúe ás deputacións e a incidencia da LRSAL sobre o réxime de persoal ao servizo dos entes locais.
     
    Por outra banda, o vicepresidente da Xunta tamén fixo referencia á lexislación estatal recentemente aprobada, da que resaltou que supón a primeira modificación en profundidade da estrutura administrativa das entidades locais e que servirá para evitar as duplicidades na prestación dos servizos. Finalmente, nas súas declaracións tamén aludiu á Lei de medidas urxentes da que destacou que servirá para facilitar a aplicación da LRSAL e garantirá unha prestación eficiente dos servizos públicos no ámbito local galego.
     
    Curso monográfico: A reforma local a debate
    O curso inaugurado hoxe tratará en profundidade as consecuencias da reforma da Administración local da man de importantes expertos na materia. Entre eles, José Ramón Chaves García, maxistrado do contencioso-administrativo do TSX de Galicia, que analizou durante a conferencia inaugural as claves da transparencia administrativa no ámbito local a partir da introdución da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
     
    Na segunda xornada deste monográfico cómpre destacar as intervencións de Federico López de la Riva, secretario xeral do Concello de Madrid, que analizará a reordenación de competencias locais derivada da nova normativa; e de Juan Bautista Suárez Ramón, interventor adxunto da Deputación Provincial da Coruña, que analizará o papel que asumirán as deputacións despois da reforma da Administración local, un dos puntos máis relevantes da nova lexislación.
     
    Ademais, a través de dúas mesas redondas debaterase o contido da Lei de medidas urxentes, coa que a Xunta de Galicia pretende, dun xeito práctico, dar resposta ás demandas dos concellos galegos xurdidas a partir da aprobación da Lei estatal. Nelas participarán algúns dos principais afectados por esta normativa como Alberto Pazos Couñago, director xeral de Administración Local; José Manuel Pardellas Rivera, interventor xeral da Deputación Provincial da Coruña; ou os alcaldes dos concellos de Allariz, Cervo e o Barco de Valdeorras, entre outros.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 261 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212