Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP súmase á celebración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Venres, 9 de Maio de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública súmase aos actos de homenaxe ao poeta e tradutor lucense Xosé Mª Díaz Castro coa celebración dun acto literario e cunha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu boa parte da vida do autor agasallado.


    No acto literario, que terá lugar o 15 de maio, poderá participar o persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada, mentres que á viaxe cultural, o día 17, só terá acceso o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia, cun máximo de 40 prazas.

    Para inscribirse na viaxe cultural será preciso achegar á Escola mediante rexistro ou fax (981 546 330) o modelo oficial que figura na convocatoria publicada no DOG do 8 de maio.

    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/7710/22188
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 262 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212