Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Novo curso de expropiación forzosa e valoracións

    A Escola / Mércores, 14 de Maio de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Xurado de Expropiación de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Dirección Xeral de Administración Local, organiza un curso sobre expropiación forzosa e valoracións: procedemento expropiatorio, métodos de valoración e a súa aplicación polo Xurado de Expropiación de Galicia para a determinación do prezo xusto.


    Este curso ten como obxectivo adquirir un coñecemento especializado, eminentemente práctico, no ámbito da determinación e valoración do prezo xusto expropiatorio, fundamentalmente nos métodos de valoración do solo, e na valoración de bens e dereitos expropiados, desde a experiencia e conforme os criterios seguidos polo Xurado de Expropiación de Galicia.

    Trátase de proporcionar aos destinatarios do curso unha visión práctica e realista da complexa materia das actuacións en materia de expropiación da Xunta de Galicia e dos municipios da Comunidade Autónoma, analizando cuestións de actualidade neste campo, tanto de forma individual como en grupo.

    Número de prazas: 35
    Destinatarios: empregados públicos -do grupo A (subgrupos A1 e A2), dos grupos I e II do persoal laboral- (21 prazas), e profesionais con formación superior relacionada coa materia de estudo (14 prazas).
    Duración: 64 horas
    Datas: do 3 de xuño ao 2 de decembro
    Lugar: Sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: os martes de 16.00 a 20.30 h
    Prezo da matrícula: entre 225 e 450 euros
    Prazo de inscrición: do 15 ao 29 de maio
    Lugar de inscrición: https://egap.xunta.gal/cursoExpropiacion
    Máis información: 981 546 238, 981 546 239 e 981 546 241
    Ficha do curso: PU14011
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 264 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212