Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP adiántase ao Día das Letras Galegas cun acto literario

    A Escola / Xoves, 15 de Maio de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública comezou as celebracións relativas ao Día das Letras Galegas este xoves cunha conferencia dedicada ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, que foi pronunciada polo profesor, ensaísta e crítico literario Armando Requeixo.


    Este acto foi presidido pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, a cal fixo referencia á importancia do Día das Letras Galegas ao servir como homenaxe daquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria na lingua galega ou pola súa defensa; poñendo de manifesto a importancia que en Galicia lle damos ao noso idioma como signo de identificación para todos os galegos e como elemento literario de referencia.

    Ademais, Rodríguez-Campos resaltou a importancia da obra de Díaz Castro referíndose explicitamente ao seu poemario Nimbos, que tivo unha grande influenza en moitos escritores de xeneracións posteriores, e ao seu poema “Penélope”, un berro para vencer a apatía coa que moitas veces se cualifica aos galegos.

    Finalmente, o profesor Armando Requeixo Cuba, un dos principais investigadores e coñecedores do autor homenaxeado, ofreceu aos asistentes un relatorio sobre a vida de Díaz Castro a través dos lugares e persoas que influíron na súa obra.

    Xeira cultural

    A celebración do Día das Letras Galegas continuará na Escola Galega de Administración Pública o próximo sábado coa realización dunha visita aos lugares máis representativos da vida e obra de Díaz Castro, que será guiada por Felipe-Senén López, historiador de arte e arqueólogo. Durante esa xornada os asistentes coñecerán o Lugo romano e as novas iniciativas museísticas, a Terra Chá de Díaz Castro e os montes de Friol.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 265 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212