Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de rehabilitación, renovación e rexeneración urbana en Galicia

    A Escola / Mércores, 28 de Maio de 2014.

    Grazas a un convenio de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET), a EGAP convoca o Curso de rehabilitación, renovación e rexeneración urbana en Galicia: métodos, accións, xestión e aplicación do novo Plan 2013-2016.


    Esta actividade ten como obxectivos transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites, dar a coñecer unha metodoloxía exitosa na elaboración das memorias-programa para a petición das ARI, amosar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación para lograr que se poidan levar a cabo con éxito, coñecer os principios básicos dos sistemas de información xeográfica para o seu emprego como ferramenta xustificativa da necesidade da rehabilitación e como recurso na xestión da recuperación urbana, transmitir criterios baseados na experiencia na elaboración de ordenanzas e bases de axudas públicas para a revitalización e rehabilitación de áreas urbanas, e coñecer as disposicións do novo Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.

    Prazas: 40
    Horas: 50, das cales 14 terán carácter presencial  e desenvolveranse na sede da EGAP. As 36 horas restantes desenvolveranse na EGAP ou por videoconferencia nas Xefaturas Territoriais de Ourense (avda. da Habana, 79) e Vigo (Concepción  Arenal, 8) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. As clases presenciais serán os días 10 de xuño e 1, 9, 15 e 23 de xullo.
    Destinatarios: empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto da autonómica como da local e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos e que pertenzan ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario ou aos grupos I e II do persoal laboral. Profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: os martes e mércores, entre o 10 de xuño e o 23 de xullo de 2014, das 16.30 ás 20.30 horas
    Matrícula: entre 250 e 100 euros
    Solicitudes: ata o 2 de xuño en https://egap.xunta.gal/cursoRehabilitacion
    Máis información: PU14010
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 266 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212