Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP edita unha publicación sobre a reforma do Dereito social e da Administración Pública como homenaxe a Manuel Peláez Nieto

    A Escola / Venres, 23 de Maio de 2014.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presentou no Consejo de Estado o libro Derecho Social y Administración Pública acompañada de José Manuel Romay, presidente do Consejo de Estado, de Leopoldo Calvo-Sotelo, Letrado Maior do Consejo de Estado, e Fernando Manrique, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Facultade de Dereito da Universidad de Deusto.


    Con esta publicación a Escola Galega de Administración Pública rende unha homenaxe a Manuel Peláez Nieto, letrado da Seguridad Social para o Consejo de Estado durante máis de 40 anos, o cal foi definido pola directora da EGAP como “un traballador tenaz, exemplar e entregado”.

    Sonia Rodríguez-Campos, destacou a participación nesta obra de profesionais do ámbito académico, xurídicos e administrativo que conseguiron ofrecer unha visión completa e analítica de cuestións de máximo interese relativas á reforma do emprego público, do Dereito polo que se rexe e, como non, das propias Administracións.

    Ademais, a directora da EGAP subliñou a actualidade deste libro debido a que recentemente o Goberno central anunciou un Programa Nacional de Reformas no que se inclúe unha nova regulación para adaptar o EBEP ao réxime da Función Pública co fin de introducir melloras na mobilidade xeográfico dos traballadores da Administración, na planificación da carreira profesional ou na ordenación do emprego público.

    Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos destacou esta publicación como un significativo punto de partida para alcanzar conclusións esenciais acerca da reforma do Dereito social e das Administracións públicas, promovendo o maior benestar da cidadanía e a maior satisfacción dos intereses xerais.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 268 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212