Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP publica novos temarios

    A Escola / Venres, 30 de Maio de 2014.

    Cumprindo co compromiso adquirido, a Escola Galega de Administración Pública continúa coa publicación dos temarios correspondentes aos distintos procesos selectivos convocados formalmente, permitindo a súa consulta e descarga gratuíta a toda a cidadanía.


    Desde hoxe, na páxina web da Escola (http://egap.xunta.gal/temarios), póñense a disposición de calquera persoa interesada os temarios para o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as medioambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais; e para o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

    Tendo en conta, por unha banda, o volume e a complexidade na elaboración dun material didáctico que sirva de referencia básica e, por outra, o interese da EGAP para que os posibles usuarios dispoñan coa maior brevidade posible do dito material, a súa publicación terá lugar do seguinte xeito:

    1) Parte común: xa está actualizada e consolidada desde a data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso, correspondente aos procesos selectivos para a integración na escala de axentes facultativos/as medioambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais e para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

    2) Parte específica: iranse publicando na páxina web da Escola a medida que os procesos de elaboración e revisión vaian concluíndo.

    Os contidos publicaranse nas dúas linguas oficiais. Non obstante, co fin de facilitar este material aos usuarios coa maior brevidade posible, publicaranse na web os temas orixinais dos autores e a súa versión traducida. Nos poucos casos nos que aínda non está dispoñible, incorporarase nos próximos días.

    Para maior información pódense poñer en contacto co servizo de Estudos, Investigación e Publicacións a través do correo electrónico temarios.egap@xunta.gal ou do teléfono 881 997 251.

    A Escola lembra que os temarios facilitados non teñen carácter oficial, polo que en ningún caso vincularán aos opositores ou aos tribunais; senón que se trata de instrumentos complementarios que servirán de apoio e axuda como textos de referencia pero nunca de forma exclusiva e excluínte.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 269 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212