Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP presenta o seu primeiro curso impartido a través de videoconferencia

    A Escola / Mércores, 11 de Xuño de 2014.

    Parte da docencia presencial do Curso de rehabilitación, renovación e rexeneración urbana en Galicia poderá seguirse en directo a través de videoconferencia desde as xefaturas territoriais de Ourense e Vigo, facilitándolle ao alumnado unha mellor conciliación da vida familiar e laboral.


    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta tarde a primeira das sesións do Curso de rehabilitación, renovación e rexeneración urbana en Galicia: métodos, accións, xestión e aplicación do novo Plan 2013-2016. Esta actividade servirá para profundar na rehabilitación urbana nun marco de sustentabilidade, estudando as medidas necesarias para lograr a revitalización dos centros históricos, dos sectores urbanos e núcleos rurais en proceso de degradación social e ambiental.

    Como novidade, nesta edición, das 50 horas de duración do curso 36 desenvolveranse na EGAP pero poderán seguirse por videoconferencia nas xefaturas territoriais de Ourense e Vigo. Deste xeito, a Escola Galega de Administración Pública quere dar un paso máis na conciliación da vida familiar e laboral do seu alumnado.

    Á inauguración acudiron Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Teresa Mª Gutiérrez, directora do Instituto Galego da Vivenda e Solo; e José Antonio Aldrey, director do curso. Durante o acto, o conselleiro de Medio Ambiente subliñou a importancia desta actividade formativa ao coincidir co inicio dunha nova etapa de desenvolvemento urbanístico caracterizado pola protección dos medios naturais e do contorno paisaxístico.

    Segundo precisou, o impulso da Xunta de Galicia á renovación urbana vese reflectido na inversión levada a cabo, que desde o ano 2009 supuxo máis de 74 millóns de euros nesta materia e nos próximos anos dedicará 4 millóns de euros máis por ano, pasando aos 18 millóns de euros cada ano.

    Así mesmo, Agustín Hernández destacou a aposta do goberno galego por seguir impulsando as áreas de rehabilitación, ao resaltar que Galicia foi pioneira coa declaración das primeiras que existiron en España. Na actualidade, a comunidade conta con 57 áreas de rehabilitación declaradas, das que 56 se atopan nun total de 38 concellos -a outra área corresponde aos Camiños de Santiago, polo que inclúe 107 concellos-.

    Por outra banda, a directora da EGAP resaltou a importancia desta actividade formativa ao afirmar que a necesidade de renovar e rehabilitar os espazos urbanos é fundamental para ter unha calidade de vida mellor. Ademais, aproveitou a ocasión para destacar a aposta decidida pola rehabilitación que se está a levar a cabo desde a Xunta de Galicia, grazas á existencia de máis de medio centenar de áreas de rehabilitación integral.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 273 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212