Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca unhas xornadas sobre as novas directivas de contratación publica

    Xornadas / Luns, 28 de Xullo de 2014.

    Durante dous días trataranse as novas directivas europeas de contratación pública e a Estratexia Europa 2020, a adaptación do Dereito español da contratación pública ás directivas europeas, os desafíos das CC.AA. ante o novo marco europeo de contratación pública, o proceso de mellora permanente na contratación pública e a transposición das novas directivas de contratación pública.


    A Unión Europea considerou que debían revisarse e modernizarse as normas sobre contratación pública, posibilitando desta forma a eficiencia no gasto público e a participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública. A difusión e o coñecemento das novas directivas permitirá evitar futuras correccións financeiras. motivadas por diverxencias na súa interpretación. Por estes motivos, a EGAP deseñou unhas xornadas onde se contrastarán as visións sobre as novas directivas da contratación pública por parte de representantes da Comisión Europea, de altos representantes da Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como  de especialistas universitarios de recoñecida experiencia na materia.

    Destinatarios: asesores xurídicos e interventores, persoal de servizos públicos de contratación, xestores de Fondos da UE, contratistas e potenciais contratistas, así como persoas interesadas no campo da contratación pública.
    Datas: 18 e 19 de setembro de 2014
    Horario: 18 de setembro, das 16.30 ás 19.30 horas; 19 de setembro, das 9.30 ás 14.30 horas
    Duración: 7 horas lectivas
    Inscrición: a través da área de matrícula da web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula/ desde o 29 de xullo ata o 16 de setembro

    Máis información: PU14013
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 278 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212