Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola pon en marcha dous cursos de formación en técnicas e habilidades comunicativas

    Cursos / Mércores, 30 de Xullo de 2014.

    Estas actividades van dirixidas aos empregados públicos e ás persoas que ocupen postos directivos e/ou de responsabilidade ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na letra a do artigo 45 da LOFAXGA. Así mesmo, poderá participar o persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas e do Consello Consultivo.


    1. FC14192. A Administración pública nos medios de comunicación de masas
    Obxectivos: mellorar os coñecementos sobre os medios de comunicación e o tratamento nestes das novas relacionadas coa Administración pública.
    Modalidade: presencial
    Duración: 15 horas
    Datas: 21, 23, 28 e 30 de outubro
    Horario: das 16.15 ás 20 horas
    Prazas: 25
    Matrícula: desde as 8 horas do 31 de xullo ata as 14 horas do 14 de agosto en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: Ver ficha
     
    2. FC14193. Linguaxe xestual, corporal e oral. Técnicas de comunicación entre o empregado público e a cidadanía.
    Obxectivo: mellorar as aptitudes dos empregados públicos na súa relación directa cos administrados, mediante novas técnicas de comunicación.
    Modalidade: presencial
    Duración: 15 horas
    Datas: 16, 18, 23 e 25 de setembro
    Horario: das 16.15 ás 20 horas
    Prazas: 25
    Matrícula: desde as 8 horas do 31 de xullo ata as 14 horas do 14 de agosto en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: Ver ficha
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 279 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212