Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convértese nun foro de debate sobre as novas directivas de contratación pública aprobadas pola UE para loitar contra a corrupción

    Xornadas / Xoves, 18 de Setembro de 2014.

    Durante dous días máis de 300 persoas participan en Santiago de Compostela nunha das primeiras actividades formativas en todo o Estado destinada a analizar as novas Directivas de contratación pública. O seu obxectivo é ofrecer unha aproximación inicial a esta nova realidade xurídica, que provocará a reforma da lexislación española, da man de especialistas de alto nivel. Nela trataranse temas como o proceso de mellora permanente na contratación pública, os desafíos das comunidades autónomas ante a nova lexislación ou as similitudes e diferenzas respecto do marco vixente en España.


    A conferencia inaugural, presentada por Sonia Rodríguez-Campos -directora da EGAP- tivo lugar hoxe e estivo a cargo de Juan José Lavilla Rubira, letrado das Cortes Xerais. Este destacou na súa intervención os actuais problemas interpretativos das normativas debido aos excesivos cambios. Ademais, fixo fincapé na necesidade de que a futura lei de contratos consiga restablecer o equilibrio económico dos procesos de contratación.


    Ademais, participan nesta actividade Isabel Torralba Mena, xefa do Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario da Asesoría Xurídica Xeral; Juan José Pardo García-Valdecasas, presidente do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais; José María Gimeno Feliú, catedrático de Dereito administrativo da Universidade de Zaragoza; Santiago González-Varas Ibáñez, catedrático de Dereito administrativo da Universidade de Alicante; e Martín María Razquin Lizarraga, catedrático de Dereito administrativo da Universidade Pública de Navarra.

    Os principais destinatarios destas xornadas son fundamentalmente asesores xurídicos e interventores, persoal de servizos públicos de contratación, xestores de fondos da UE e contratistas.

    Como é habitual nas xornadas que teñen lugar na Escola Galega de Administración Pública, todos os materiais audiovisuais do encontro serán subidos á páxina web.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 285 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212