Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O CPEIG e a EGAP poñen en marcha tres cursos para o persoal informático

    A Escola / Martes, 16 de Setembro de 2014.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia convócanse os cursos de Introdución a ITIL, Introdución á Administración electrónica e Seguridade da información e protección de datos de carácter persoal.


    Os destinatarios destas actividades será o persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no apartado a) do artigo 45 da LOFAXGA (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Asministración xeral e do sector público autonómico (DOG do 31)).

    A inscrición deberá facerse a través da zona de matrícula da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, entre as 08.00 horas do día 16 de setembro e as 14.00 horas do día 18 de setembro.

    CV14036: Introdución a ITIL
    Modalidade: teleformación
    Duración: 30 horas
    Prazas: 50
    Datas: do 29 de setembro ao 27 de outubro de 2014

    CV14037: Introdución á administración electrónica
    Modalidade: teleformación
    Duración: 30 horas
    Prazas: 50
    Datas: do 29 de setembro ao 27 de outubro de 2014

    CV14038: Seguridade da información e protección de datos de carácter persoal
    Modalidade: teleformación
    Duración: 40 horas
    Prazas: 50
    Datas: do 29 de setembro ao 27 de outubro de 2014
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 284 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212