Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Abre o prazo de matrícula para os exames do programa de autoformación

    Cursos / Luns, 15 de Setembro de 2014.

    Coa finalidade de que os alumnos poidan acreditar os coñecementos das materias pertencentes ao programa de autoformación, a EGAP abre o prazo de matrícula para as probas presenciais.


    Cómpre lembrar que os contidos e as probas son actividades independentes, polo que para presentarse ás probas non é requisito previo ter accedido aos contidos do programa de autoformación.

    Para poder asistir a estes exames será preciso formalizar a matrícula a través da Zona de matrícula da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula) entre as 8.00 h do 15 de setembro e as 14.00 h do 30 de setembro. O número máximo de solicitudes é de tres.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 283 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212