Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    A directora da EGAP destaca no Consello Reitor a renovación da oferta formativa, a alta demanda dos cursos e a proxección da súa actividade sobre un número de destinatarios cada vez máis amplo

    A Escola / Mércores, 24 de Setembro de 2014.

    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta mañá a reunión do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, no que a súa directora, Sonia Rodríguez-Campos, deu conta das principais actuacións desta institución nos últimos meses.


    Durante a súa intervención, a directora da EGAP fixo fincapé na renovación do programa formativo para os empregados da Administración autonómica, que supuxo un 41% de títulos novos na formación en competencias transversais e un 67% na formación en competencias específicas. Ademais, esta actualización foi acompañada dunha elevada demanda por parte dos empregados públicos, que tivo como resultado que un total de 15 actividades superaran as 500 solicitudes, como foi o caso de lingua inglesa, procedemento administrativo, sistema operativo Windows, Estatuto Básico do Empregado Público ou perfeccionamento da xefatura de negociado, entre outras.

    Por outra parte, Sonia Rodríguez-Campos presentou as xornadas e os monográficos organizados pola Escola no 2014, os cales teñen como finalidade promover ámbitos de reflexión sobre cuestións estratéxicas para o futuro da Administración naqueles aspectos de esencial relevancia para a acción administrativa e naquelas cuestións de actualidade que teñan incidencia directa na actividade pública. En todos os casos destacou a alta participación nestas actividades, o cal demostra o interese dos empregados públicos por coñecer e contrastar con expertos todas estas cuestións.

    Así mesmo, de acordo co propósito de levar á práctica os postulados da reforma administrativa que avala o Goberno da Xunta de Galicia, os cales perseguen a prestación duns servizos públicos de maior calidade a menor coste, a Escola iniciou no 2014 un plan de formación destinado ao persoal de administración e servizos das universidades galegas.  Neste proceso, no que se deu un paso máis na integración da formación de todo o persoal público, a EGAP abriu as portas a este colectivo ofertándolles un total de 27 cursos e proporcionándolles unha formación integral e estruturada ao redor das áreas de habilidades pre-directivas; réxime xurídico e actividade financeira; comunicación, organización e mellora das habilidades; e administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa. Para facilitar a formación deste persoal, as ditas actividades impártense nas modalidades presencial, teleformación e autoformación.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 288 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212