Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o Concello da Coruña organizan dous cursos do Plan Formativo Ofimático de Galicia

    Cursos / Xoves, 25 de Setembro de 2014.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña, convócanse os cursos de Aplicacións informáticas de tratamento de textos e de Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010).


    Para inscribirse nos cursos deberán facelo a través da zona e matrícula da EGAP http://egap.xunta.gal/matricula entre as 08.00horas do día 25 de setembro e as 14.00 horas do día 8 de outubro de 2014.

    CV14041: Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)
    Edicións: 3
    Duración: 30 horas
    Prazas: 50 por edición
    Destinatarios: persoal administrativo do Concello da Coruña, con prioridade para os dos grupos C e D.
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 21 de outubro ao 20 de novembro de 2014. Proba final, presencial e obrigatoria o 21 de novembro de 2014, no horario e aulas que determine o Concello da Coruña.
     
    CV14042: Aplicacións informáticas  de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)
    Edicións: 2
    Duración: 50 horas
    Prazas: 50 por edición
    Destinatarios: auxiliares administrativos e auxiliares de atención cidadá do Concello da Coruña.
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 22 de outubro ao 10 de decembro de 2014. Proba final, presencial e obrigatoria o 12 de decembro de 2014, no horario e aulas que determine o Concello da Coruña.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 289 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212