Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP analiza o futuro da xustiza mediante un debate aberto con expertos na materia

    Xornadas / Martes, 30 de setembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu hoxe unha xornada na que se debateron as liñas mestras da xustiza para os próximos anos. Á inauguración asistiron Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Miguel Ángel Cadenas, presidente do TSX; e José María Gómez, presidente da Sala do contencioso-administrativo do TSX.


    Durante o acto Alfonso Rueda fixo fincapé na importancia da introdución das novas tecnoloxías no ámbito da Administración da xustiza e destacou o investimento que está a levar a cabo o Goberno galego nesta materia, que se traduce na implantación das TIC e na construción e na mellora das infraestruturas xudiciais galegas.

    Por outra banda, a directora da Escola destacou que esta actividade servirá para iniciar un debate “sobre o futuro dunha das institucións que definen o funcionamento de calquera sistema democrático e que garanten que vivamos nunha sociedade máis libre e xusta”. Ademais, resaltou a xustiza como “unha institución tan profundamente incardinada na nosa sociedade que non pode illarse das transformacións do ámbito sobre o que actúa e polo tanto ten que adaptarse aos tempos e asumir os cambios que sexan necesarios”.

    A primeira sesión contou coa presenza de Miguel Ángel Cadenas, que ofreceu aos asistentes unha visión xeral sobre a xustiza e o poder xudicial. No seu relatorio quixo deixar constancia da visión politizada da xustiza que existe na sociedade debido á súa lentitude, ineficiencia e alto custo; sendo necesario “discernir entre causas e responsables”. Así, o presidente do TSX propuxo para o futuro a axilización dos procedementos, a modernización da Xustiza a través da súa adaptación á sociedade da información e a mellora da eficiencia mediante un proceso de racionalización “acorde coa realidade dos tempos”.

    A xustiza que vén
    A Escola Galega de Administración Pública, dentro do seu programa formativo e divulgativo para o ano 2014, quixo organizar esta xornada, titulada “A xustiza que vén”, para tratar os profundos cambios que se están a producir nos últimos tempos na nosa sociedade e, concretamente, no eido xudicial.

    Para falar das distintas perspectivas da xustiza, acudiron como relatores os propios profesionais que, desde diferentes ámbitos, mellor coñecen o seu funcionamento e as súas necesidades para ofrecer unha visión completa do que necesita o eido xudicial e das melloras que sería preciso implementar.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 292 de 759
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia