Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un curso práctico sobre eficiencia enerxética en infraestruturas municipais

    A Escola / Xoves, 2 de Outubro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca a través do DOG do 2 de outubro un curso práctico sobre eficiencia enerxética en infraestruturas municipais, en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.



    Esta actividade está destinada a enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos ou arquitectos técnicos; técnicos da Administración; e estudantes de enxeñaría e arquitectura.

    Modalidade: semipresencial
    Duración: 80 horas, das cales 8 horas serán presenciais (desenvolveranse na sede da EGAP o día 28 de outubro das 9.30 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.30 horas)
    Prazas: 80
    Datas: do 21 de outubro ao 31 de decembro de 2014
    Máis información: CV14035

    A inscrición e o pagamento da matrícula deberán formalizarse a través do Colexio de Enxeñeiros e Camiños, Canais e Portos de Galicia: http://www.ciccpgalicia.es ata o xoves 23 de outubro de 2014 ás 14.00 horas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 293 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212