Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de formación sobre a función consultiva: O Consello Consultivo de Galicia

    A Escola / Venres, 3 de Outubro de 2014.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de formación sobre a función de control da Administración consultiva: O Consello Consultivo de Galicia.



    Obxectivos: constituír unha canle de divulgación da doutrina sentada polo Consello Consultivo nas materias obxecto da súa competencia e, por outra, permitir a apertura dun foro de debate sobre elas entre todos os asistentes ao curso.
    Destinatarios: Persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I, II e III ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas.
    Duración: 20 horas (18 horas lectivas presenciais e 2 horas de traballo práctico).
    Lugar: Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2.
    Datas: 27, 28 e 29 de outubro; 3, 4 e 5 de novembro de 2014.
    Horario: das 17.00 ás 20.00 horas.
    Prazas: 25.
    Matrícula: ata as 14 horas do 13 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: CV14049
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 295 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212