De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase o Curso sobre a reforma da contabilidade das entidades locais.
Obxectivos: actualizar coñecementos de contabilidade pública local ante a entrada en vigor das novas instrucións de contabilidade local aprobadas pola Orde HAP/1781/2013 e Orde HAP/1782/2013.
Destinatarios: funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional e persoal con responsabilidades na contabilidade das entidades locais da provincia da Coruña e da Deputación Provincial.
Modalidade: presencial
Edicións: 2
Duración: 25 horas por edición
Lugar: salón de actos da sede da delegación territorial da Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE).
Datas:
Primeira edición: 20, 22, 24, 28 e 30 de outubro de 2014
Segunda edición: 21, 23, 27, 29 e 31 de outubro de 2014
Horario: das 9.30 ás 14.30 horas
Prazas: 120 por edición
Matrícula: ata as 14 horas do 14 de outubro de 2014 en
https://egap.xunta.gal/matricula
Máis información: CV14050