Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca dous cursos para o persoal da Administración local de Galicia

    Cursos / Martes, 21 de Outubro de 2014.

    En virtude do convenio de colaboración asinado o 3 de xaneiro de 2014 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense convócanse, no DOG do 21 de outubro, dous cursos para persoal da Administración local de Galicia.


    Para inscribirse nos cursos deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP http://egap.xunta.gal/matricula entre as 08.00 horas do día 22 de outubro e as 14.00 horas do día 29 de outubro de 2014.

    CV14052: Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Word 2010)
    Destinatarios: Persoal ao servizo da Administración local de Galicia e, en caos de vacantes, persoal da Administración autonómica e do Estado.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 30 horas
    Datas: do 1 ao 30 de decembro de 2014
    Sesións presenciais: 1 e 30 de decembro de 2014; presentación e proba final. Lugar: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, nº3, Ourense).
    Prazas: 20
     
    CV14053: Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)
    Destinatarios: Persoal ao servizo da Administración local de Galicia e, en caso de vacantes, persoal da Administración autonómica e do Estado.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 30 horas
    Datas: do 3 ao 28 de novembro de 2014
    Sesións presenciais: 3 e 28 de novembro de 2014; presentación e proba final. Lugar: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, nº3, Ourense).
    Prazas: 20
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 299 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212