Xornada sobre A natureza voluntaria ou laboral das actividades desenvolvidas nas entidades deportivas sen ánimo de lucro
A Escola / Domingo, 26 de Outubro de 2014.
A Escola Galega de Administración Pública, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convocan unha xornada para informar o sector deportivo sobre os distintos encadramentos xurídicos das actividades desenvolvidas nas entidades deportivas sen ánimo de lucro por adestradores, técnicos, deportistas e outras figuras. Esta xornada ten por obxectivos facilitar información práctica sobre a normativa en vigor nos ámbitos laboral e de acción voluntaria, e actualizar os coñecementos dos axentes deportivos para a mellora última das súas competencias.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Data e horario: 6 de novembro de 2014, das 16.00 ás 20.00 horas
Duración: 4 horas lectivas
Inscrición: ata o 5 de novembro en
https://egap.xunta.gal/matricula
Máis información: PU14016