Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Novo número da Revista Galega de Administración Pública

    Publicacións / Martes, 4 de Novembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública sube á rede o número 46 da Regap no que participan dez autores. Nesta nova edición abórdanse temas tales como cuestións xurídicas ao redor do Sahara occidental, a Lei do emprendemento e da competitividade económica ou a xurisprudencia contencioso-administrativa, entre moitos outros.


    A través destas publicacións a EGAP pretende achegar a contribución dos máximos e máis destacados especialistas en temas como o Dereito autonómico, as novas tecnoloxías, os retos da Administración no século XXI, o estatuto dos empregados públicos ou a ordenación do territorio e o medio.
     
    En especial, pretende reservar un espazo destacado á Administración local, aos seus empregados públicos, ao réxime xurídico destas administracións e a problemas que lle afectan directamente, como a súa articulación territorial, financiamento, réxime xurídico dos seus bens, urbanismo, etc.
     
    Os principais destinatarios desta revista son os empregados públicos e os profesionais do sector privado que desenvolven as súas actividades no eido do Dereito.
     
    A descarga é libre e gratuíta a través da páxina web da Escola.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 305 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212