Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre ética pública e medios para previr a corrupción

    Cursos / Martes, 18 de Novembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, convoca un curso monográfico sobre ética pública e medios para previr a corrupción co obxectivo de analizar os criterios e principios básicos que regulan a ética pública e a súa relación coa transparencia, así como estudar as ferramentas normativas políticas e sociais que faciliten a promoción da ética e a loita contra a corrupción.


    Serán tratados, entre outros, os seguintes temas: a importancia e prioridade das medidas preventivas na loita contra a corrupción, os delitos de malversación e de fraudes á Administración, os delitos sobre a ordenación do territorio e o urbanismo, os compoñentes éticos, políticos e xurídicos dunha sociedade limpa, a dialéctica entre sistema e baleiro en tempos de crise, os delitos de prevaricación e de negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos, as reflexións sobre a eficacia da actuación xudicial contra a corrupción, os delitos de suborno e tráfico de influencias e os comportamentos corruptos: da tolerancia á prevención.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
    Datas e horario: 27 e 28 de novembro, mañá e tarde
    Duración: 15 horas lectivas
    Inscrición: ata as 11 horas do 26 de novembro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: PU14018
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 309 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212