Durante o acto, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, incidiu na necesidade de buscar solucións urxentes para erradicar a corrupción, un problema que preocupa moito á cidadanía e que afecta á Administración. “Corresponde aos políticos abordar con profundidade e rigor este problema, que esixe a adopción das medidas oportunas para mellorar os sistemas de control e combater a corrupción en todos os niveis”.
Neste sentido, Rodríguez-Campos subliñou que “se impón priorizar esa batalla na axenda política e facer unha análise da situación rigorosa, responsable e pausada, ao obxecto de adoptar medidas eficaces para actuar contra a corrupción en calquera das súas manifestacións”.
Finalmente, a directora da EGAP confiou en que os coñecementos acadados neste curso “contribuirán a crear unha sólida cultura ética nas distintas organizacións públicas e, en definitiva, a loitar entre todos contra a corrupción”.
Durante a mañá, tamén participaron no inauguración José Francisco Sánchez, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre; Enrique Orts Berenguer, catedrático de Dereito penal da Universidade de Valencia; así como o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, e o prestixioso filósofo da Universidade de Navarra, Alejandro Llano Cifuentes, que foi o encargado de dar a conferencia inaugural.