Os asistentes outórganlle unha excelente valoración ao curso sobre ética pública e prevención da corrupción organizado pola EGAP
A Escola / Venres, 5 de Decembro de 2014.
O curso monográfico Ética pública e medios para previr a corrupción, organizado pola EGAP, que tivo lugar os días 27 e 28 de novembro, acadou unha excelente valoración entre os asistentes.
Segundo as opinións do público asistente, o monográfico conseguiu congregar a expertos de primeira liña que analizaron os actuais desafíos das administracións na loita contra esta problemática, desde unha perspectiva plural e multidisciplinar. Ademais, destacaron a pertinencia de abordar unha temática de máxima actualidade e importancia, en liña coas preocupacións da cidadanía.
Coa organización de actividades desta natureza, a EGAP reafirma o seu compromiso coa sociedade no seu conxunto e a súa vocación de servizo público.
Mais información no apartado do curso: PU14018