Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    I Premio internacional de investigación “Instituto García Oviedo”

    Investigación / Xoves, 8 de Xaneiro de 2015.

    O Instituto Universitario de Investigación García Oviedo convoca a primeira edición do "Premio internacional de investigación Instituto Universitario García Oviedo", que ten como obxectivo fomentar a investigación e a súa difusión no ámbito do Dereito administrativo.


    O obxecto dos traballos é a análise e o estudo xurídico no ámbito do Dereito administrativo, tanto desde enfoques dogmáticos ou doutrinais como xurisprudenciais. Neste último caso, poderán terse en conta resolucións de órganos xudiciais españois, europeos ou internacionais.

    Poderán optar ao dito premio calquera persoa que teña a condición de licenciado ou graduado universitario, tanto española como estranxeira. Os estudos poderán realizarse de xeito individual ou en equipo, aínda que os equipos non poderán estar integrados por máis de tres persoas.

    O prazo de presentación dos traballos remata o 20 de xaneiro de 2015.

    Máis información en http://iugo.us.es/archivos/archivos/premio.pdf
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 315 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212