A Escola Galega de Administración Pública publica no DOG núm. 22, do 3 de febreiro, a convocatoria de 154 actividades de formación continua destinadas aos empregados públicos da Administración autonómica que se atopen en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989.
Ademais, o persoal dependente do Parlamento de Galicia, do Valedor do Pobo, do Consello de Contas, do Consello Consultivo e doutras entidades e organismos públicos poderán acceder a aquelas accións formativas que así o establezan na epígrafe “destinatario” e a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.
O persoal pertencente a outras entidades, organismos e institucións cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública deberá enviar á EGAP -a través do correo electrónico (
xestion.egap@xunta.gal) ou do fax (981 546 339)- unha copia da solicitude de matrícula e un certificado no que se indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.
Os cursos de idiomas e do Plan formativo ofimático de Galicia serán obxecto dunha convocatoria posterior.
Presentación de solicitudes: desde as 8 horas do día 4 ata as 14 horas do 13 de febreiro a través do enderezo
http://egap.xunta.gal/matricula
Número máximo de cursos: pódense facer ata seis solicitudes nesta convocatoria concreta (este límite non afectará a convocatorias posteriores)
Modificación de datas dos seguintes cursos:
FC15099 Ética pública. Os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia (aprázase ata novembro: do 16-11 ao 19-11)
FC15079 Evolución tecnolóxica e novidades de xestión no Servizo Público de Emprego de Galicia para o ano 2015 (a edición Vigo será do 27 de abril ao 7 de maio, a edición Santiago será do 20 de maio ao 1 de xuño e a edición Lugo será do 12 ao 20 de maio)
FC15074 Violencia de xénero (terá lugar do 30 de marzo ao 9 de abril)
FC15077 Seguridade en máquinas e marcado CE (terá lugar do 16 ao 23 de marzo)