Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de eventos deportivos: aspectos legais, organizativos e económicos

    Cursos / Venres, 30 de Xaneiro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, convoca no DOG núm. 20, do 30 de xaneiro, un curso de eventos deportivos. Mediante esta actividade, preténdese achegar aos seus destinatarios as principais cuestións referentes a todo o proceso de planificación, preparación e desenvolvemento dun evento deportivo, facendo fincapé nos aspectos económicos e lexislativos dende un punto de vista eminentemente práctico.


    Prazas: 40
    Lugar: presencial na EGAP ou por videoconferencia desde as xefaturas territoriais de Vigo e Ourense
    Datas: xoves, en horario de 16 a 20 horas, entre o 26 de febreiro e o 16 de abril
    Destinatarios: Persoal de institucións, asociacións e instalacións deportivas, tanto públicas como privadas, con responsabilidade na organización de eventos deportivos. Persoal de empresas e asociacións organizadoras de eventos e actividades de animación que inclúan (ou teñan intención de incluír) actividades deportivas. Estudantes de posgrao e grao que desexen unha formación especializada en materia de economía e dereito deportivo. Deportistas (en activo ou non) que teñan como obxectivo o seu desempeño profesional no sector.
    Matrícula: 120 euros
    Inscrición: ata o 9 de febreiro en http://egap.xunta.gal/matricula. Ademais os solicitantes deberán achegar por correo electrónico, dirixido a novas.egap@xunta.gal, o seu curriculum vitae e unha carta de motivación na que manifesten o seu interese persoal no curso e especifiquen os motivos que xustifican a conveniencia ou necesidade de realizalo.
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/8095
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 318 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212