Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola publica o Plan de formación para o ano 2015

    Cursos / Xoves, 29 de Xaneiro de 2015.

    O Plan de formación da Escola Galega de Administración Pública, publicado no DOG do 29 de xaneiro, recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia, e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo). Trátase da primeira vez que a formación dirixida a estes catro colectivos se integra nun único documento.


    O dito plan, que presenta un total de 439 edicións e 20.355 prazas, supón unha clara aposta polos diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os cales se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial. Así, tendo en conta o éxito acadado nos dous últimos anos, amplíase o catálogo de actividades dispoñibles na modalidade de autoformación co propósito de achegarlle a oferta formativa ao maior número de persoas, garantindo a equidade no acceso aos contidos máis demandados.

    Cómpre salientar tamén o grande incremento da oferta dirixida ao persoal das entidades locais, o avance no desenvolvemento dos itinerarios para o persoal da Administración de xustiza e a convocatoria por segundo ano de actividades para o persoal de administración e servizos das universidades.

    Ao igual que en anos anteriores, para poder matricularse será preciso esperar á publicación no DOG das respectivas convocatorias.
  • Recursos
  •   Plan de formación 2015  
  •   Resolución do plan de formación 2015  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 317 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212