Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre o Estatuto básico do empregado público: reflexións, estado da cuestión e impacto da crise

    Xornadas / Luns, 9 de Febreiro de 2015.

    Transcorridos case oito anos desde a entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público, a EGAP convoca un curso para analizar a problemática xurdida a raíz da súa implantación, así como do seu desenvolvemento e aplicación ao longo destes anos, facendo fincapé naquelas cuestións que, pola súa complexidade ou polas dúbidas na súa interpretación, merecen ser obxecto de debate e reflexión ao longo do curso, no cal participarán relatores de recoñecido prestixio, que coas súas explicacións nos permitirán ter unha idea máis clara da situación actual.


    Destinatarios: Persoal ao servizo das administracións públicas, estatal, autonómica ou local, así como dos seus entes instrumentais, persoal ao servizo da Administración de xustiza, xuristas, profesionais, docentes, universitarios e interesados en xeral.
    Lugar: sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: 26 (mañá e tarde) e 27 de febreiro (mañá)
    Duración: 12 horas lectivas
    Inscrición: a través de http://egap.xunta.gal/matricula ata o 24 de febreiro
    Máis información: PU15001
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Programa  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 321 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212