En virtude do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Calidade Alimentaria ponse en marcha un curso de Aplicacións informática de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010).
O curso vai destinado aos empregados do INGACAL e ao persoal ao servizo da Administración autonómica da Xunta de Galicia que desenvolva as súas actividades nos centros coordinados polo INGACAL.
A inscrición deberán facela a través da zona de matrícula da EGAP
https://egap.xunta.gal/matricula desde as 08.00 horas do día 23 de febreiro ata as 14.00 horas do día 28 de febreiro de 2015.
Duración: 50 horas
Modalidade: teleformación
Datas: do 9 de marzo ao 30 de abril de 2015. Proba final o 5 de maio ás 09:00 horas na sede da EGAP.
Prazas: 50
Máis información:
CV15008