Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Nova convocatoria do Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Luns, 2 de Marzo de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública publica no DOG do 2 de marzo a convocatoria das actividades formativas e as probas de avaliación de carácter libre que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia. O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade de teleformación ou de acceso libre, permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.


    Poderán participar nas actividades formativas de teleformación convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas destinados/as na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Poderán participar nas probas de avaliación de carácter libre convocadas os empregados públicos e as empregadas públicas destinados/as na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que non se encontren en situación de servizos noutras administracións públicas, excedencia voluntaria e suspensión de función.

    Ademais, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas e probas de acceso libre desta convocatoria en que queden prazas vacantes.

    Número máximo de solicitudes para esta convocatoria: cinco
    Matrícula: desde as 8 horas do 3 de marzo ata as 14 horas do 12 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 326 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212