Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 34 actividades e 1660 prazas para o persoal da Administración de xustiza

    Cursos / Martes, 3 de Marzo de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública  publica no DOG núm. 42, do 3 de marzo, a convocatoria de 34 actividades formativas destinadas aos empregados públicos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar; e aos membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Presentación de solicitudes: desde as 8 horas do día 4 de marzo ata as 14 horas do 13 de marzo a través do enderezo http://egap.xunta.gal/matricula

    Número máximo de solicitudes: pódense facer ata cinco solicitudes nesta convocatoria

    Para máis información: 981 546 257 e 981 546 253 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 327 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212