A Escola Galega de Administración Pública convoca, por segundo ano consecutivo, as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia para o ano 2015, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (AFEDAP).
As entidades locais poderán promover plans de formación unitarios ou plans de formación agrupados, circunscritos ao territorio autonómico. As asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto no artigo 120 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xuño, reguladora da Administración local de Galicia, poderán presentar plans de formación interadministrativos ou agrupados, tanto individualmente por iniciativa propia ou mediante as adhesións dos concellos e deputacións provinciais que o desexen.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os concellos, deputacións provinciais e demais entidades locais que promovan plans de formación para os empregados públicos, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas. Tamén poderán ter o carácter de beneficiarias as asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que promovan plans interadministrativos ou agrupados para a formación dos empregados públicos das entidades locais.
Prazo de presentación de solicitudes: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Enderezo web:
https://fedap-galicia.inap.es/
Máis información: DOG núm. 45, do 6 de marzo