Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP publica nun informe anual os resultados de satisfacción coa formación en 2014

    Investigación / Luns, 30 de Marzo de 2015.

    A análise baséase nun total de 6.627 enquisas do alumnado que participou nos cursos da EGAP ao longo do 2014. Isto representa unha taxa de resposta do 72%, que chega ao 90% na formación presencial, o que garante a validez e a fiabilidade das valoracións recollidas.


    A Escola Galega de Administración Pública presenta o informe de resultados da satisfacción coa acción formativa do ano 2014 no que se sintetizan os principais resultados obtidos na valoración das actividades e o labor docente por parte do alumnado.

    As principais conclusións deste estudo indican, por unha banda, que o elevado nivel de satisfacción é compartido tanto polo alumnado da formación presencial como en liña cunha valoración media que acada un 4,3 nunha escala do 1 ao 5. Entre os distintos colectivos de destinatarios, o persoal da Administración autonómica e o da Administración de xustiza son os máis satisfeitos coa formación cursada, con puntuacións de 4,33 e 4,39 respectivamente.

    Por outra banda, o alumnado recoñece a excelente labor docente ao outorgar puntuacións elevadas a aspectos tales como a motivación dos asistentes (4,24 nunha escala de 1 a 5), a exposición clara dos contidos do curso (4,31) ou a resolución eficaz das dúbidas (4,33).  

    Ademais, por vez primeira, o informe inclúe tamén a valoración da formación destinada ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas. As actividades dirixidas a este colectivo, no seu primeiro ano de implantación, amosan valoracións positivas que afianzan o papel da Escola na formación do conxunto dos empregados públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    O informe no que se recollen estas conclusións, dispoñible na sección de Calidade da web da EGAP, presenta, dun xeito estruturado e gráfico, os principais resultados obtidos para a mellora continua da actividade formativa, contribuíndo a adaptar a programación dos cursos ás expectativas dos participantes.

    Con este son xa cinco os informes que a Escola fai públicos co obxectivo de favorecer a transparencia e a rendición de contas ante os empregados públicos e a cidadanía no seu conxunto.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 335 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212