Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    1ª Xornada sobre cambio climático en Galicia. O papel da enxeñaría civil na prevención dos seus efectos

    Xornadas / Mércores, 1 de Abril de 2015.

    Pódese discutir se o cambio climático está producido ou acelerado pola actividade humana e, sobre todo, polo efecto invernadoiro xerado principalmente por gases de combustión. Pero o que resulta de case total aceptación nos mundos científico e técnico, e na sociedade en xeral, é o feito do citado cambio, independentemente das súas causas principais.


    O cambio climático afectará, ou está afectando xa, o réxime de temperaturas, de temporais, á pluviosidade, etc., o que, pola súa vez, incidirá na pluviometría, a hidroloxía, a variación do nivel do mar e outros, con efectos nos portos, nas costas, nas cidades (especialmente nas costeiras) e, en xeral, nas infraestruturas.

    Os enxeñeiros de camiños, canais e portos tiveron que enfrontarse de xeito habitual coa natureza e as súas circunstancias para salvar ríos en avenidas, regular leitos, defender as áreas portuarias e as costas ou aproveitar as forzas naturais para a súa transformación en enerxía utilizable pola sociedade.

    Estas son as razóns polas que a Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, convoca no DOG núm. 62, do 1 de abril, a 1ª Xornada sobre cambio climático en Galicia: O papel da enxeñaría civil na prevención dos seus efectos.

    Destinatarios: técnicos que realicen proxectos e/ou dirixan obras, técnicos das administracións públicas, responsables dos servizos de protección civil e estudantes universitarios que queiran completar a súa formación, así como a interesados en xeral nestas cuestións.
    Duración: 8 horas
    Lugar: salón de actos da EGAP en Santiago de Compostela
    Data e hora: 21 de abril de 2015, das 9.30 ás 14.15 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.
    Inscrición e pagamento: antes do 16 de abril ás 15 horas a través do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia (http://www.ciccpgalicia.es)
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Programa da xornada  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 336 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212