Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 33 actividades formativas e 1180 prazas destinadas ao persoal da Administración local

    Cursos / Martes, 7 de Abril de 2015.

    Coas accións enmarcadas neste programa formativo achéganse contidos de relevancia para a mellora da cualificación e da capacitación profesional dos traballadores que desenvolven o seu labor no ámbito local, atendendo ás súas necesidades específicas. Así, para deseñar o seu plan de formación partiuse dunha exhaustiva identificación das necesidades formativas, da revisión dos resultados da avaliación das actividades realizadas no 2014 e da vixilancia permanente das actualizacións normativas e procedementais, o cal se traduciu nun incremento da formación naquelas materias que máis contribúen a modernizar a xestión local e a prestar uns servizos de calidade nun marco de proximidade á cidadanía.


    Os destinatarios destas accións formativas son os empregados públicos ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia.

    Número máximo de solicitudes: cinco
    Matrícula: desde as 8 horas do 8 de abril ata as 14 horas do 17 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula

    Ademais da matrícula, todos os solicitantes deberán achegar un certificado expedido polo órgano responsable de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

    Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal ou o número de fax 981 54 63 39.
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 338 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212