Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Segunda convocatoria de idiomas estranxeiros para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Mércores, 8 de Abril de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca na modalidade de teleformación un curso de lingua inglesa (niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2) e un curso de lingua alemá (niveis A1, A2, B1 e B2) e na modalidade presencial os cursos Lingua inglesa A1.II e Lingua inglesa B1.II.


    Poderán participar nestas actividades formativas os empregados públicos destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria para cada un dos casos no anexo II. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.

    Matrícula: desde as 8 horas do 9 de abril ata as 14 horas do 18 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
    Número máximo de solicitudes por persoa para esta convocatoria: 3

    Durante o prazo de presentación de solicitudes porase a disposición do alumnado unha proba de nivel orientativa para axudarlle na escolla do curso de teleformación. Para acceder á dita proba pode facelo accedendo á aula virtual da EGAP no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual/ utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula.
     
    Finalmente, cómpre destacar que os exames finais dos cursos na modalidade de teleformación serán presenciais.
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 339 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212