Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca unha xornada sobre Harmonización fiscal

    Xornadas / Luns, 13 de Abril de 2015.

    Esta xornada pretende poñer o foco de debate sobre as tensións e os desequilibrios que os distintos países europeos viviron como consecuencia da última recesión económica, o cal pon en evidencia que só a política monetaria non pode corrixir os shocks idiosincráticos dos países membros. A falta de integración fiscal produce desequilibrios cando temos unha soa moeda e dezaoito políticas fiscais diferentes, o que exacerba o risco de contaxio de tensións que se poidan producir nos mercados de débeda e, con iso, a supervivencia da propia moeda única.


    A actividade vai destinada a empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica coma local e de xustiza, das universidades do Sistema universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e interesados en xeral.

    Data: 28 de abril
    Horario: mañá e tarde
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Duración: 6 horas lectivas
    Inscrición: a través da área de matrícula da web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula/ ata as 11 horas do día 27de abril
    Máis información, desde as 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 62 39
    Ficha do curso: http://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/8568
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 340 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212