Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de especialización sobre dereito de patentes

    Cursos / Venres, 15 de Maio de 2015.

    Curso destinado a ofrecer coñecementos específicos sobre a protección das intervencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade. Esta actividade permitirá coñecer cales son os instrumentos xurídicos para defender un dereito de patente e identificar as actividades que se poden prohibir. Así mesmo, amosará os mecanismos xurídicos existentes para determinar quen é o lexítimo titular dunha patente e, de ser o caso, en que circunstancias se pode ceder ou licenciar o seu uso a terceiros.


    Prazas: 50 (30 para empregados públicos e 20 para profesionais) para persoas en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico.

    Matrícula: 250 euros

    Inscrición: a través de http://egap.xunta.gal/matricula ata o 25 de maio. Ademais os solicitantes deberán enviar a novas.egap@xunta.gal o seu CV e unha carta de motivación.

    Lugares: presencial na EGAP ou por videoconferencia desde a Xefatura Provincial de Vigo

    Datas: os luns, martes e mércores do mes de xuño

    Horario: de 16 a 20 horas

    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/8524/23968

  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 341 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212