Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola volve convocar as actividades formativas con maior demanda

    Cursos / Mércores, 22 de Abril de 2015.

    A EGAP convoca unha nova edición das actividades da primeira convocatoria dirixida ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que obtiveron unha alta demanda, ademais de dúas actividades novas.


    Poderán participar nas accións formativas convocadas os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria en que queden prazas vacantes.

    Sen prexuízo do anterior, ofértanse dúas actividades formativas para empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, estando así establecido na epígrafe “destinatario” da actividade formativa.

    Número máximo de solicitudes: tres
    Matrícula: desde as 8 horas do 23 de abril ata as 14 horas do 2 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 344 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212