Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 27 cursos para o persoal de administración e servizos das universidades

    Cursos / Venres, 24 de Abril de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG núm. 77, do 24 de abril, 27 actividades formativas destinadas ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos na presente convocatoria.


    As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en tres modalidades: presencial, teleformación e autoformación.

    Prazo: desde as 8 horas do 25 de abril ata as 14 horas do 4 de maio, agás para as probas de avaliación do programa de autoformación, que comezará ás 8 horas do 15 de setembro e rematará ás 14 horas do 30 de setembro
    Matrícula: a través de http://egap.xunta.gal/matricula
    Número máximo de solicitudes por persoa: cinco para os cursos e tres para as probas de avaliación do programa de autoformación
    Documentación que é preciso achegar á EGAP: certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 348 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212