Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    I Simposio internacional “Aprendizaxe-servizo na educación superior. Innovación, calidade e institucionalización”

    Xornadas / Martes, 28 de Abril de 2015.

    A EGAP, en colaboración coa Rede de Excelencia "Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento", pon en marcha o I Simposio internacional "Aprendizaxe-servizo na educación superior. Innovación, calidade e institucionalización" que terá lugar en Santiago de Compostela o 27 de maio.


    Este simposio ten como obxectivos analizar as posibilidades de aprendizaxe-servizo no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), promover o coñecemento e a reflexión en torno ao aprendizaxe-servizo nas Universidades de Galicia, estudar posibles estratexias de incorporación e/ou institucionalización do aprendizaxe-servizo na Educación Superior e coñecer experiencias de aprendizaxe-servizo desenvolvidas ou en desenvolvemento, nas Universidades de Galicia.

    Destinatarios: Profesorado das universidades de Galicia, así como persoal en formación (bolseiros FPI, PFU, e bolseiros predoutorais e posdoutorais da Xunta de Galicia) e interesados en xeral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Data: 27 de maio de 2015
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 8 horas lectivas
    Inscrición: en http://egap.xunta.gal/matricula ata as 14 horas do 19 de maio
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/8637/24201

  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 351 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212