Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca unha xornada sobre As futuras leis de procedemento administrativo

    Xornadas / Martes, 28 de Abril de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza unha xornada sobre “As futuras leis de procedemento administrativo e de réxime xurídico do sector público a exame” que terá lugar na súa sede en Santiago de Compostela o 6 de maio.


    Esta xornada ten como obxectivo o análise do contido dos anteproxectos de Lei de réxime xurídico do sector público e do procedemento administrativo común, aprobados polo Consello de Ministros, dedicando especial atención as novidades máis destacadas. Estes dous anteproxectos implican a volta a unha regulación diferenciada de ambas as dúas materias.

    Destinatarios: empregados das administracións públicas de Galicia, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público xuristas, profesionais e interesados en xeral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Data: 6 de maio de 2015
    Horario: mañá
    Duración: 4 horas lectivas
    Inscrición: gratuíta en http://egap.xunta.gal/matricula ata as 11 horas do 5 de maio
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/8634/24196 
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 352 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212