Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o CIXTEC organizan un curso sobre Data SharePoint 2010

    Cursos / Venres, 8 de Maio de 2015.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable (CIXTEC) e a Escola Galega de Administración Pública ponse en marcha un curso sobre Data SharePoint 2010 – Arquitectura, implementación e explotación da intranet da Consellería de Facenda.


    Esta actividade vai dirixida ao persoal do CIXTEC con coñecementos na integración e explotación de sistemas e nas arquitecturas tecnolóxicas de implantación e desenvolvemento e ao persoal técnico do CIXTEC de asistencia aos usuarios.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP http://egap.xunta.gal/matricula no prazo desde as 08.00 horas do día 11 de maio ata as 14.00 horas do día 15 de maio de 2015.

    Código: CV15017
    Duración: 12 horas
    Prazas: 15
    Modalidade: presencial
    Datas: 25, 26, 27, 28 de maio de 2015
    Horario: de 16:00 a 19:00 horas
    Lugar: CIXTEC en Santiago de Compostela, R/ Domingo Fontán, 9
     
    Para máis información: 981 546 257 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 356 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212