Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 65 actividades para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Martes, 12 de Maio de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 12 de maio 65 actividades de formación continua e 2240 prazas correspondentes ao segundo semestre do ano 2015, dirixidas ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Poderán participar nas ditas accións formativas os empregados públicos da Administración autonómica que se atopen en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tal os empregados públicos da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989.

    Ademais, o persoal pertencente a outras entidades e organismos públicos poderán acceder a aquelas accións formativas que así o establezan na epígrafe “destinatario” e a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.

    O persoal pertencente a outras entidades, organismos e institucións cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública deberá enviar á EGAP -a través do correo electrónico (xestion.egap@xunta.gal) ou do fax (981 546 339)- unha copia da solicitude de matrícula e un certificado no que se indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

    Matrícula: das 8 horas do 13 de maio ata as 14 horas do 22 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula
    Número máximo de solicitudes para esta convocatoria: cinco
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 359 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212